Curso e-Destrezas de Python para principiantes

UVigo - Emprego 03/02/2021

Formación gratuíta organizada pola Sección de Extensión Universitaria dentro do programa e-destrezas dirixida a toda a comunidade universitaria.

Este curso ten unha duración de 40 horas lectivas (8 sesións de 5 horas de docencia síncrona a través do Remoto).

Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.

O curso impartirase os luns e os venres, do 1 ao 25 de marzo, de 16.00 a 21.00 h, a través de Campus Remoto.

Programa

  • Instalación, características xerais, intérprete e contorna de desenvolvemento
  • Datos numéricos e lóxicos
  • Control de fluxo
  • Secuencias, mappings e conxuntos
  • Funcións
  • Ficheiros e excepcións
  • Clases e programación orientada a obxectos

Información e inscrición

O número de prazas é limitado e o prazo de inscrición permancerá aberto ata o 25 de febreiro de 2021, prazas limitadas.

Máis información e inscrición aquí.