Curso de fundamentos e principios de cálculo científico con Matlab (Ourense)

UVigo - Emprego 10/01/2020

Formación gratuíta organizada pola Sección de Extensión Universitaria da Uvigo dentro do programa e-Destrezas. 

Contidos

  • Iniciación ao entorna de usuario de MATLAB
  • Execución de comandos e creación de variables
  • Análise sobre vectores e matrices
  • Representación gráfica de datos vectoriais e matriciais 
  • Arquivos de datos
  • Tipos de datos 
  • Automatización de comandos con scripts 
  • Escritura de programas con ramificacións e bucles 
  • Escritura de funcións

Onde e cando

Do 5 de febreiro ao 4 de marzo, de 16.00 a 21.00 h, na Aula So4 do Edificio Politécnico do campus de Ourense.

Recoñecemento de créditos

Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.

Inscrición e información

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 4 de febreiro.

Máis información sobre o curso aquí.