Curso iniciación ao desenvolvemento de páxinas web con Wordpress

UVigo - Emprego 21/01/2020

Formación gratuíta organizada pola Sección de Extensión Universitaria dentro do programa e-Destrezas dirixida a toda a comunidade universitaria.

Contidos

  • Introdución e configuración básica de Wordpress: descarga e instalación inicial, opcións de dominios e aloxamentos, entorno de administración.
  • Configuración de opcións xerais, ferramentas, permisos e axustes. 
  • Estrutura base do sistema: o editor de Wordpress 5.0: Gutenberg.
  • Entradas, páxinas, medios, tipos de entradas personalizadas, widgets, menús.
  • Plugins e personalización avanzada: implementación de plugins habituais (contacto, redes sociais, mailing, integracións con outros sistemas, seguridade). 
  • Personalización avanzada mediante o editor de Wordpress.
  • Parámetros, adaptación a temas, formas de pago e envío, funcionalidades avanzadas.

Recoñecemento de créditos

Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas

Cando e onde

  • O curso impartirase do 20 de febreiro ao 12 de marzo (20 horas) 
  • Na Sala IV do Edificio Miralles do campus de Vigo
  • Os xoves en horario de 15.30 a 20.30 h.

Información e solicitudes

Prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 18 de febreiro de 2020.

Máis información e inscrición aquí.