Curso de iniciación práctica á impresión 3D no campus de Vigo

Etiquetas
  • Vigo
UVigo - Emprego 17/02/2020

Formación gratuíta organizada pola Sección de Extensión Universitaria da Uvigo dentro do programa eDestrezas dirixida á comunidade universitaria.

Contidos

  • Coñementos para deseñar e fabricar pezas orixinais en 3D
  • Montar unha impresora 3D desde cero e recoñocer os elementos que a compoñen
  • Identificar os problemas habituais de funcionamento e como corrixilos

Recoñecemento de créditos

Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.

Cando e onde?

  • O curso impartirase do 26 de marzo ao 14 de maio 
  • Na sala IV do Edificio Miralles do campus de Vigo
  • Os xoves en horario de 15.30 a 20.30 h

Información e solicitudes

O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o 24 de febreiro ata o 24 de marzo de 2020.

Máis información aquí.