Curso de titorización en liña e de orientación de formación de Big Formación

UVigo - Emprego 22/06/2021

Big Formación organiza un curso gratuíto de titorización en liña e de orientación de formación dentro do programa de unidades de formación da Xunta de Galicia, co compromiso de contratar polo menos o 40 % do alumnado do curso, que comezará a traballar antes de finalizar a formación.

  • A formación comezará a finais de xuño, en horario de 9.00 a 15.00 horas
  • Diríxese a persoas desempregadas inscritas no Inem e a menores de 35 anos
  • Lugar: Ourense.

Información e inscrición

Máis información e inscrición por correo electrónico a formacion@bigformacion.com ou por teléfono + 34 988 239 655 | 657 895 493.