FINDE.U 2019 – Feira Internacional Virtual de Emprego Universitario

UVigo - Emprego 02/04/2019

As Universidades do Porto, Trás-os-Montes e Alto Douro e Vigo, en colaboración co IEFP/EURES Portugal e o EURES Transfronteirizo Galicia – Norte de Portugal, organizan o 9 e 10 de abril a 4.ª edición da FINDE.U.

Vai dirixida a estudantes de ensino superior e profesionais, recén graduados/as ou con experiencia, de nacionalidade portuguesa, española e doutros países europeos que busquen unha nova oportunidade no ámbito nacional ou internacional nunha grande diversidade de áreas profesionais: saúde, enxeñaría, tecnoloxías da información, telecomunicacións, xestión, finanzas e contabilidade, marketing, recursos humanos, inmobles, dereito, tradución, turismo e hostalaría, comercio, customer service e BPO - business process outsourcing, entre outras.

Inscrición gratuíta aquí.