GIRA mujeres 2020 - Últimas prazas en formación para o emprendemento

UVigo - Emprego 27/02/2020

GIRA Mujeres é un proxecto formativo dirixido a mulleres emprendedoras que queren analizar a viabilidade dunha idea de negocio. Os obradoiros van dirixidos a mulleres de entre 23 e 60 anos de idade.

Requisitos

  • Ser unha muller empregada ou desempregada e ter unha visión do emprendemento como unha alternativa de emprego
  • Ser unha muller que xa conta cunha idea de negocio
  • Ser unha muller empresaria que queira reinventar o seu negocio

Formación

O obradoiro organízase, como unha viaxe, en tres paradas:

  • Formación presencial. Esta primeira parada ten como obxectivos traballar tanto nas capacidades e habilidades emprendedoras como nas ideas de negocio e visualizar novas oportunidades.
  • Formación en liña. A segunda parada ten como obxectivo analizar a previabilidade do noso proxecto a través do modelo Canvas.
  • Fase de concurso. A terceira parada consiste en optar aos 3000€ de capital semente para o inicio do proxecto. 

Onde e cando?

  • En Vigo, o sábado 29 de febreiro en A Fundación, rúa Policarpo Sanz n.º 26
  • As actividades realizaranse en horario de 10.00 a 18.00 h.

Información e solicitudes

Para encher a túa inscrición preme aquí.
Se queres saber máis podes consultar a información nesta páxina web.