I Foro de emprendemento rural en Allariz e Premios Emprendemento Rural Innovador 2024

UVigo - Emprego 20/11/2024

A  Fundación Roberto Rivas organiza o I Foro de emprendemento rural que terá lugar os días 12 e 13 de decembro en Allariz (Ourense). Nesta primeira edición, o Foro converterá a Galicia no epicentro do principal evento de España sobre emprendemento rural, ofrecendo unha oportunidade única para quen impulsa o emprendemento innovador no ámbito rural.

Máis información e inscrición aquí.


A fundación tamén organiza os Premios Emprendemento Rural Innovador para premiar o talento e a capacidade de innovación para transformar o mundo desde o ámbito rural. Búscanse start-ups rurais con potencial que queiran medrar e xerar un impacto real.

A proposta gañadora premiarase con 10.000 euros en metálico e gaberá premios para todas as persoas finalistas.

Inscricións antes do 25 de novembro, ás 14 horas, aquí.