Lectorados en universidades estranxeiras 

UVigo - Emprego 20/12/2019

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento convoca 137 prazas de lectorados MAEC-AECID en universidades estranxeiras para o curso 2020/2021

Requisitos

  • Cidadáns españois, con idade non superior aos 37 anos no primeiro día do mes de inicio do lectorado. 
  • Solicitantes de renovación de lectorado: cidadáns españois que ostenten a condición de lector MAEC-AECID por un período consecutivo inferior a tres cursos académicos na mesma universidade.
  • Titulación superior nalgunha destas disciplinas: Español, Filoloxía, Literatura, Linguas, Humanidades, Tradución, Interpretación ou Lingüística.

Características das axudas

  • Dotación mensual que variará en función do país e universidade de destino.
  • Axuda de viaxe de incorporación de acordo co país de destino.
  • Seguro de asistencia en viaxe e de accidentes durante o período de vixencia da axuda
  • Ata 200 € para a adquisición de material didáctico para o ensino do español.
  • Bolsas de viaxe en compensación por gastos para asistir a reunións de lectores sobre temas ou actividades relacionadas coas funcións propias do programa de lectorados.

Información e solicitudes

Os prazos de presentación de solicitudes finalizarán ás 14.00 horas do rexistro telemático da AECID do día establecido

  • Novos lectorados: do 13 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2020
  • Lectorados de renovación con data de inicio entre os meses de xuño e outubro de 2020: do 13 ao 20 de xaneiro de 2020.
  • Lectorados de renovación con data de inicio en decembro de 2020 e xaneiro de 2021: do 27 de abril ao 4 de maio de 2020.

Máis información aquí.