Navantia Meeting Day

UVigo - Emprego 09/04/2019

Navantia aposta polas novas xeracións e ofrece programas de desenvolvemento para medrar dentro dunha empresa líder e estratéxica de solucións industriais e tecnolóxicas para a Defensa e Seguridade Nacional.

Persoas destinatarias

Evento destinado a persoas apaixonadas da tecnoloxía, innovadoras e proactivas.

Lugar e datas

O encontro será na Facultade de Ciencias do Traballo, no campus de Ferrol (Esteiro) os días 29 e 30 de abril. 

Requisitos para participar no evento

  • Titulación universitaria en Enxeñaría Informática, Enxeñaría de Telecomunicacións ou Enxeñaría Industrial, entre outras. 
  • Menos de 3 anos de experiencia laboral.
  • Nivel B2 de inglés.

Se cumpres estas condicións, Navantia porase en contacto contigo para confirmar a túa participación o día 24 de abril.

Prazo de inscrición

Ata o 16 de abril de 2019. 

Máis información e inscrición aquí.