Oferta de emprego de CITMAga para un contrato como investigador/a para o proxecto SisAl Pilot

UVigo - Emprego 07/04/2022

Proxecto

Piloto innovador para a produción de silicio con baixo impacto ambiental utilizando materias primas secundarias de aluminio e silicio – SisAl Pilot.

Referencia da oferta

CITMAga-OT-10/2022

Descrición do posto

Un contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do proxecto SisAl Pilot concedido na convocatoria H2020-SC5-2019-2 coa temática CE-SC5-07-2018-2019-2020 - Raw materials innovation for the circular economy: sustainable processing, reuse, recycling and recovery schemes. 

Perfís das candidaturas

Licenciatura, grao, enxeñaría ou mestrado relacionados coa informática, a enxeñería, as matemáticas e a física (ou similares). 

Valoración de requisitos e de méritos

  • Grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da matemática aplicada e industrial.
  • Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, así como na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos.
  • Coñecemento e experiencia previa na modelización matemática e na simulación numérica relacionada coa temática do proxecto.
  • Coñecementos de inglés.
  • Métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias (EDOs) e en derivadas parciais.
  • Coñecemento de modelos matemáticos en transferencia de calor e mecánica de fluídos.
  • Programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Matlab, Python etc.).
  • Experiencia no uso de software de simulación numérica.
  • Experiencia profesional previa relacionada coa temática do proxecto. 

Características da oferta

  • Retribución bruta mensual: 1 862,62 € en 12 pagas
  • Duración: 8 meses
  • Xornada laboral: a xornada completo
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 19 de abril de 2022.


Máis información na seguinte ligazón.