Oferta de emprego de CITMAga con contrato temporal como técnico/a superior de xestión

UVigo - Emprego 22/07/2022

Referencia da oferta

CITMAga-OT-21/2022.
 
Descrición da oferta

Un contrato como técnico/a superior de xestión (contrato de substitución para a cobertura de posto por permiso de nacemento e coidado de menor).

Funcións

  • Dar soporte técnico administrativo nas actividades do centro.
  • Xestionar a documentación do centro e arquivo da mesma, así como todas as tarefas relativas á xeración de documentación, emisión de comunicación, mantemento de rexistros e bases de datos, elaboración de certificados, etc.
  • Elaborar e cumprimentar a documentación necesaria para o desenvolvemento das actividades do centro.
  • Recompilar a información para a formulación de propostas nas actividades. 
  • Participar na programación e execución das actividades.
  • Apoiar e participar na elaboración do material  de divulgación, comunicación e información do centro. 
  • Xestionar axendas, viaxes, aloxamentos, gastos e facturas.
  • Xestionar a correspondencia.
  • Manter o rexistro de provedores e actualizar a súa documentación. Efectuar o seguimento de provedores e pedidos.
  • Recepcionar, almacenar, entregar ou inventariar materiais e equipos solicitando a súa reposición. 

Titulación requirida

Expediente académico de grao, licenciatura, enxeñaría ou mestrado. Valoraranse os graos ou as licenciaturas relacionadas cos ámbitos de administración e da dirección de empresas ou economía.

Méritos e requisitos para valorar

  • Coñecementos de inglés.
  • Formación en uso de ferramentas ofimáticas (Microsoft Office, Access, entorno Windows,) e editores gráficos. 
  • Experiencia previa contrastada de polo menos 6 meses de experiencia nas funcións descritas. 

Características da oferta

•    Retribución bruta mensual: 1582,72 € en 14 pagas. 
•    Data de inicio prevista: a partir da última semana de agosto de 2022.
•    Tipo de contrato: Contrato temporal, (contrato de substitución para la cobertura de posto por permiso de nacemento e coidado de menor). 
•    Xornada laboral: a tempo completo (35 horas semanais). 
•    Duración: 16 semanas.
•    Lugar de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de xullo de 2022.

Máis información aquí.