Oferta de emprego de CITMaga para doutores/as para o proxecto SIMPSEG

UVigo - Emprego 10/03/2022

Proxecto 

HPC Simulation of Metal Powder Segregation in manufacturing of cored wire - SIMPSEG.

Referencia da oferta

CITMAga-OT-07/2022

Descrición do posto

Un contrato como investigador/a no marco do proxecto SIMPSEG, concedido na convocatoria FF4EuroHPC Call-2 do proxecto FF4EUROHPC: HPC innovation for european SMES, o cal está financiado pola Unión Europea a través do programa marco Horizon 2020.

Perfís das candidaturas

Doutoramento relacionado coas matemáticas, a enxeñaría, a física, a informática (ou similares). 

Valoración de requisitos e de méritos

  • Grao de afinidade da tese doutoral coa temática do proxecto.
  • Grao de afinidade das titulacións da persoa candidata cos ámbitos da matemática aplicada e industrial.
  • Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, e na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos.
  • Coñecemento e experiencia previa na modelización matemática e na simulación numérica relacionada coa temática do proxecto. 
  • Coñecemento e experiencia na execución de modelos numéricos en HPC.
  • Coñecementos de inglés.
  • Coñecemento de método de elementos discretos (DEM/ DPM) para simular modelos parametrizados de sistemas granulares sólidos. 
  • Programación en linguaxes de cálculo científico (C++, Matlab, Python etc.).
  • Experiencia no uso de software libre de simulación numérica (LIGGGHTS, MercuryDPM, OpenFoam).
  • Experiencia no uso de software en entornos Linux.
  • Experiencia profesional previa relacionada coa temática do proxecto.

Características do posto

Retribución bruta mensual: 2 315,14 € en 12 pagas
Duración do contrato: 15 meses
Xornada laboral: a tempo completo
Lugar de traballo:  Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Vigo (Campus As Lagoas, Marcosende)

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 15 de marzo de 2022.