Oferta de emprego de CITMAga como investigador/a na área de investigación e transferencia “Competitividade industrial”  

UVigo - Emprego 13/09/2022

Referencia da oferta

CITMAga-OT-23/2022

Funcións

Modelización matemática, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia y da industria.

Titulación requirida

Grao, licenciatura, enxeñaría, mestrado ou doutoramento relacionados coas matemáticas, a física, a enxeñaría, a informática ou afíns.

Valoración de méritos e requisitos

  • Grado de afinidade das titulacións da persoa candidata cos ámbitos da matemática aplicada e industrial.
  • Coñecementos de inglés.
  • Formación e experiencia acreditada en: modelización, simulación numérica, optimización e control; na implementación e validación no ordenador de algoritmos e métodos numéricos propios de estas disciplinas.
  • Formación e experiencia acreditada en: programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python, Matlab etc.).
  • Formación e experiencia acreditada no uso de software de simulación numérica e optimización.

Características da oferta

  • Retribución bruta mensual: 1606,52 € en 14 pagas. 
  • Data de inicio prevista: a partir do 8 de outubro de 2022.
  • Tipo de contrato: contrato temporal, (contrato de substitución para la cobertura de posto por permiso de nacemento e coidado de menor). 
  • Categoría laboral: investigador/a colaborador.
  • Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais). 
  • Duración: 16 semanas.
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 25 de setembro de 2022.

Máis información aquí.