Oferta de emprego para enxeñeiro/a informático/a nun hospital privado en Cork (Irlanda)
Jobs Agency FM selecciona unha persoa titulada en Enxeñaría Informática para cubrir un posto de IT Operation Manager nun hospital privado en Cork. Entre outras funcións, supervisará e xestionará o presuposto anual destinado a IT (Information Technology). Tamén xestionará as relacións con usuarios comerciais, provedores e Group IT en Dublín.
Ofrécese
- Contrato indefinido.
- Salario conforme á experiencia e o perfil da persoa seleccionada.
- Xornada laboral completa.
Requisitos
- Experiencia de 5 anos a cargo dun pequeno equipo informático (IT professionals).
- Coñecementos e experiencia en xestión de proxectos (PRINCE ou PMP).
- Amplo coñecemento en entorno virtual VMware/Windows e LAN ou VOIP networks.
- Coñecementos de tecnoloxías na nube (AWS, Microsoft Azure preferiblemente).
- Habilidades comunicativas en inglés.
- Valorarase a experiencia no sector da saúde.
- Habilidades comerciais.
Proceso de selección
- As entrevistas realizaranse por Skype ou presencialmente.
- As persoas interesadas deben enviar o seu CV en inglés a info@jobsagencyfm.com co asunto IT Operations Manager Cork.