Oferta de Emprego da Fundación Biomédica Galicia Sur

UVigo - Emprego 14/05/2019

A Fundación Biomédica Galicia Sur publica unha oferta de emprego na actuación «Investigación con Intelixencia Artificial en Imaxe Médica Aplicada ao Diagnóstico en Cardioloxía».

A persoa contratada integrarase no grupo de Investigación Cardiovascular do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS). A súa función principal é apoiar a actividade científica do grupo con varias liñas de investigación no campo da imaxe médica e da intelixencia artificial. A actuación financiada polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades inclúe a realización dun plan de formación durante os dous anos de duración do contrato.

Ofrécese

  • Contrato temporal de duración 2 anos.
  • Xornada completa (37,5 h semanais) de luns a venres.
  • Salario: 17 000 € brutos anuais en 12 pagas.
  • Lugar de traballo: Hospital Álvaro Cunqueiro (EOXI de Vigo), Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.

Requisitos

  • Grao ou Licenciatura en Física, Matemáticas ou Enxeñaría (Biomédica, Industrial, Telecomunicacións ou afíns).
  • Ser menor de 30 anos e estar inscrito/a ou en condicións para inscribirse no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

 Valorarase

  • Coñecemento básico de procesado dixital de imaxe médica e/ou sistemas e formatos de información e almacenamento de imaxe médica (PACS, DICOM).
  • Coñecementos de programación en Python.
  • Coñecementos de técnicas de Machine/Deep Learning e experiencia no desenvolvemento de ferramentas de análise automático de imaxes usando librarías de Machine/Deep Learning tales como scikit-learn, scikit-image, TensorFlow ou ITK.
  • Mestrados en disciplinas relacionadas.
  • Fluidez en inglés.

Documentación requirida

  • Currículo actualizado.
  • Carta de motivación e interese polo posto.
  • Copia do título académico e, no seu caso, do mestrado ou adicionais.
  • Xustificante de inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Enviar a documentación requirida a rrhh@iisgaliciasur.es indicando no asunto a referencia «CARD/19-9)».

Prazo de presentación de solicitudes

Ata o 22 de maio de 2019.

Máis información aquí.