Oferta de emprego de ITMATI como investigador/a no proxecto Digital Transmission System Operator

UVigo - Emprego 30/09/2021

Referencia da oferta

ITMATI-OT-10/2021

Descrición do posto

Un contrato como investigador/a no proxecto de investigación Digital Transmission System Operator no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial), actualmente integrado, como oficina de transferencia dos resultados da investigación, na CITMAga (Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia) e unha empresa do sector da enerxía do grupo Reganosa (Regasificadora do Noroeste S.A.).

Titulación requirida

Grao, licenciatura, enxeñaría, mestrado ou doutoramento relacionada coas Matemáticas, a Física, a Enxeñaría e a Informática (ou afíns).

Valoración de méritos

  • Grao de afinidade das titulacións da candidatura cos ámbitos da matemática industrial (matemática aplicada, estatística e investigación operativa, informática ou similar).
  • Experiencia no desenvolvemento de software científico, en particular, software de modelización, simulación numérica e optimización. Desenvolvemento de algoritmos matemáticos, implementación e validación no ordenador.
  • Coñecementos de inglés.
  • Métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias e en derivadas parciais.
  • Coñecementos de modelización de procesos físicos no ámbito enerxético. En particular, modelización e simulación numérica en mecánica de fluídos.
  • Métodos numéricos de optimización.
  • Programación en linguaxes de cálculo científico (Python, Fortran, C, C++, etc.).

Características do posto

  • Retribución bruta mensual: 1584 €-1801,07 € en 12 pagamentos (en función dos méritos e a experiencia da candidatura)
  • Data de inicio: incorporación inmediata
  • Data estimada de fin de obra prevista: 19 de febreiro de 2022
  • Xornada laboral: a xornada completa
  • Localidade de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 12 de outubro de 2021.

Máis información aquí.