Oferta de emprego do ITMATI como investigador/a para o proxecto de investigación «Modelado e simulación dunha cidade intelixente»

UVigo - Emprego 21/10/2021

Proxecto

«Modelado e simulación dunha cidade intelixente»
 
Referencia da oferta

CITMAga-OT-11/2021
 
Descrición do posto

Un contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial), actualmente integrado, como oficina de transferencia dos resultados da investigación, no CITMAga (Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia) e unha empresa de enxeñería. 
 
Titulación requirida

Licenciatura, grao, enxeñaría, mestrado ou doutoramento relacionado coas matemáticas, a física, a enxeñería, a informática ou afíns.

Valoración de méritos

  • Valorarase o grao de afinidade das titulacións da candidatura coa área de estatística.
  • Experiencia previa en análise e programación de algoritmos de simulación.
  • Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de linguaxes de programación.
  • Coñecementos e experiencia previa en computación relacionada coa simulación de axentes, e simulación de procesos mediante ferramentas software. Valorarase experiencia cos software Pathfinder e/ou Anylogic ou similares. 
  • Coñecementos e experiencia previa en metodoloxía e aplicacións para o análise de aplicacións reais abordadas dende o enfoque da simulación de procesos.

Características do posto

  • Retribución bruta mensual: 1.862,82 €-2.050,00 € en 12 pagas; en función dos méritos e experiencia da persoa seleccionada.
  •  Data de inicio prevista: incorporación inmediata. 
  • Duración e data estimada fin de obra prevista: 12 meses dende o inicio da contratación. A contratación entrará en vigor sempre que a dispoñibilidade da actividade o permita.
  • Xornada laboral: xornada completa.
  • Lugar de traballo: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) e Escola de Enxeñería Industrial (rúa do Conde de Torrecedeira, Vigo). 

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 3 de novembro de 2021.

Máis información aquí.