Oferta de emprego de ITMATI como investigador/a no proxecto “Modelado do envellecemento de baterías para o almacenamento de enerxía”

UVigo - Emprego 13/04/2021

Referencia da oferta

ITMATI-OT-02/2021

Proxecto

Modelado do envellecemento de baterías para o almacenamento de enerxía.

Descrición do posto

Un contrato polo trámite de urxencia de nove meses (a xornada completa durante cinco meses e a xornada parcial durante catro meses) como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da enerxía.

Titulación requirida

Grao, licenciatura ou enxeñaría relacionada coas matemáticas, a física, a enxeñaría e a informática.

Méritos para valorar

  • Grao de afinidade da titulación da candidatura cos ámbitos da matemática aplicada e industrial.
  • Coñecementos e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización e na implementación e validación en ordenador de algoritmos e métodos numéricos propios destas disciplinas.
  • Coñecementos de inglés.
  • Experiencia en métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias e en derivadas parciais con restricións alxébricas.
  • Experiencia en métodos numéricos en optimización.
  • Experiencia en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python etc.).
  • Experiencia en modelización e simulación numérica de baterías para o almacenamento de enerxía.
  • Experiencia en control óptimo de sistemas, filtro de Kalman.

Condicións

  • Retribución bruta mensual a xornada completa: 1846,02 € en 12 pagas.
  • Incorporación inmediata.
  • Data estimada de fin de obra: 31 de xaneiro de 2022.
  • Xornada laboral: a xornada completa durante cinco meses e a xornada parcial durante catro meses.
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 16 de abril de 2021.

Máis información aquí.