Oferta de emprego de ITMATI como investigador/a para o proxecto “optimización da operación de intercambiadores térmicos para hidrocarburos pesados”

UVigo - Emprego 07/07/2021

Proxecto

Optimización da operación de intercambiadores térmicos para hidrocarburos pesados

Referencia da oferta

ITMATI-OT-06/2021

Descrición do posto

Un contrato a xornada completa como investigador/a para o proxecto, no marco dun contrato entre o ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da enerxía.

Titulación requirida

Grao, licenciatura ou enxeñaría relacionados coas matemáticas, a física, a enxeñaría ou a informática.

Valoración de méritos

  • Grao de afinidade das titulacións da candidatura cos ámbitos da matemática aplicada e industrial.
  • Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, e na implementación e validación en ordenador de algoritmos e métodos numéricos propios destas disciplinas.
  • Métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias e en derivadas parciais.
  • Modelización e simulación numérica en mecánica de fluídos (simulación CFD).
  • Métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias e en derivadas parciais.
  • Métodos de redución de orde.
  • Métodos numéricos en optimización.
  • Programación en linguaxes de cálculo científico (Python, Fortran, Fenics etc.).
  • Coñecementos de inglés.

Características da oferta

  • Retribución bruta mensual: 1584 -1862,82 € en 12 pagas, en función dos méritos e da experiencia da candidatura.
  • Xornada laboral: xornada completa.
  • Data de inicio: incorporación inmediata.
  • Data estimada de fin de obra: 31 de decembro de 2021.
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 19 de xullo de 2021.

Máis información aquí.