Oferta de emprego de ITMATI como investigador/a para o proxecto SIMPSEG

UVigo - Emprego 06/04/2022

Proxecto

HPC Simulation of Metal Powder Segregation in manufacturing of cored wire - SIMPSEG
 
Referencia da oferta

CITMAga-OT-09/2022
 
Descrición do posto

Un contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do proxecto SIMPSEG, concedido na convocatoria FF4EuroHPC Call-2 do proxecto FF4EUROHPC: HPC innovation for european SMES, financiado pola Unión Europea.

Titulación requirida

Licenciatura, enxeñaría, grao ou mestrado relacionados coa informática, a enxeñaria, as matemáticas e a física (ou similares).

Valoración de méritos e requisitos

  • Grao de afinidade das titulacións da candidatura cos ámbitos da matemática aplicada e industrial.
  • Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, e na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos.
  • Coñecemento e experiencia previa na modelización matemática e na simulación numérica relacionada coa temática do proxecto.
  • Coñecemento e experiencia na execución de modelos numéricos en HPC. Coñecementos de inglés.
  • Coñecemento de método de elementos discretos (DEM/ DPM), para simular modelos parametrizados de sistemas granulares sólidos.
  • Programación en linguaxes de cálculo científico (C++, Matlab, Python etc.).
  • Experiencia no uso de software libre de simulación numérica (LIGGGHTS, MercuryDPM, OpenFoam).
  • Experiencia no uso de software en entornos Linux.
  • Experiencia profesional previa relacionada coa temática do proxecto.
  • Valorarase a posesión do grao de doutor ou dun mestrado en disciplinas afíns á temática. 

 
Cacracterísticas da oferta

  • Retribución bruta mensual: 1862,62 € en 12 pagas. Esta praza levará un complemento de proxecto de 187,46 € mensuais.
  • Duración prevista do contrato: 13 meses.
  • Xornada laboral: a tempo completo
  • Lugar de traballo: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia no Campus de Vigo.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 19 de abril de 2022.

Máis información aquí.