Oferta de emprego de ITMATI como investigadores/as para o proxecto Implementación e validación de técnicas de optimización polinómica
ITMATI realiza un proceso selectivo de dous contratos a tempo parcial como investigadores/as para o proxecto “Implementación e validación de técnicas de optimización polinómica”.
Referencia da oferta
ITMATI-OT-07/2021
Titulación requirida
Grao, licenciatura, enxeñaría, mestrado ou doutoramento relacionados coa informática, a enxeñaría, as matemáticas ou a física.
Valoración de méritos
- Grao de afinidade das titulacións da candidatura coa Informática, Ciencias da Computación e as Matemáticas.
- Coñecementos de inglés.
- Experiencia en optimización polinómica.
- Experiencia en implementación de técnicas de optimización polinómica en C++.
Características dos postos
- Retribución bruta mensual: 300 € en 12 pagas (6 horas/semana).
- Data prevista de incorporación: setembro de 2021.
- Data estimada de fin de obra: 31 de decembro de 2021
- Xornada laboral: a tempo parcial (6 horas/semana)
- Localidade de traballo: Santiago de Compostela
Información e solicitudes
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de xullo de 2021
Máis información aquí.