Oferta de emprego de ITMATI no marco do proxecto SisAl Pilot

UVigo - Emprego 10/06/2020

Referencia da oferta: ITMATI-OT-07-2020.

Descrición

A oferta consta de 1 contrato como investigador/a para o proxecto de investigación «Piloto innovador para a produción de silicio con baixo impacto ambiental utilizando materias primas secundarias de aluminio e silicio – SisAl Pilot».

Requisitos

  • Estar titulada/o en graos, licenciaturas, enxeñarías, doutoramentos ou mestrados relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñaría e a Informática

Méritos valorables

  • Afinidade das titulacións da candidatura cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial
  • Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, e na implementación e validación en ordenador de algoritmos e métodos numéricos
  • Coñecementos de inglés
  • Coñecemento de métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias e en derivadas parciais
  • Coñecemento de modelos matemáticos en electromagnetismo, transferencia de calor y mecánica de fluídos
  • Coñecementos de programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Matlab, Python etc.)
  • A experiencia no uso de software de simulación numérica e experiencia profesional relacionada coa temática do proxecto

Dotación económica e duración 

  • A retribución bruta será mensual por valor de 1850 € en 12 pagas
  • A data prevista de inicio é de incorporación inmediata
  • A data estimada de fin de obra é 12 meses dende o inicio da contratación con posibilidade de prórroga
  • A xornada laboral será a tempo completo
  • O traballo terá lugar en Santiago de Compostela

Inscrición e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 17 de xuño de 2020 ás 23:59 horas.

Máis información aquí.