Oferta de emprego do ITMATI OT-14/2020 como persoal investigador para o proxecto «Sistemas expertos, axuda ao usuario e mellora de solucións»

UVigo - Emprego 30/11/2020

Referencia da oferta: ITMATI-OT-14/2020.

Descrición do posto

Dous contratos a xornada completa como persoal investigador con experiencia para o proxecto de investigación «Sistemas expertos, axuda ao usuario e mellora de solucións» no marco do contrato entre o ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da enerxía.

Titulación requirida 

Grao, licenciatura, enxeñaría ou mestrado relacionado coas matemáticas, a física, a enxeñaría ou a informática.

Méritos a valorar

1) OT-14/2020/P1: Perfil orientado á predición de mercados e optimización estocástica

  • Grao de afinidade das titulacións da persoa candidata cos ámbitos da Estatística e a Investigación Operativa
  • Coñecemento e experiencia previa en modelos de predición estatística e na inclusión da incertidumbre nos modelos estocásticos, así como na implementación y validación en ordenador de algoritmos e métodos propios destas disciplinas

2) OT-14/2020/P2: Perfil orientado á programación de aplicacións de optimización estocástica

  • Grao de afinidade das titulacións da persoa candidata cos ámbitos da Informática, a Estatística e a Investigación Operativa
  • Coñecemento e experiencia previa na implementación de algoritmos de optimización matemática, específicamente en algoritmos de programación estocástica, e a súa distribución a través de aplicación web e na creación de interfaces gráficas de usuario/a

Outros méritos a valorar en ambos perfís

  • Coñecementos de inglés
  • Programación/optimización matemática e estocástica
  • Implementación e validación de algoritmos de optimización matemática
  • Predicións estatísticas con series de tempo e técnicas de redución de escenarios
  • Coñecementos informáticos en: programación en linguaxes de cálculo científico (Python, R, etc.), uso de bases de datos non relacionais, uso da plataforma de MS Azure e creación de interfaces web para aplicación científicas mediante ferramentas específicas (HTML, CSS, JavaScript, Django, etc.)

Condicións

  • Retribución bruta mensual: 1846,02 € en 12 pagas en función dos méritos e a experiencia da persoa seleccionada
  • Data prevista de inicio: 23/12/2020
  • Data estimada de fin de obra: 31/12/2021
  • Xornada laboral: a tempo completo
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 8 de decembro de 2020.
Máis información e inscrición aquí.