Oferta de emprego do ITMATI para un proxecto de modelización e simulación numérica de dispositivos de almacenamento de enerxía

UVigo - Emprego 30/04/2020

Referencia da oferta

ITMATI-OT-05/2020

Descrición do posto

Un contrato a xornada completa coma investigador/a para o proxecto de investigación “modelización e simulación numérica de dispositivos de almacenamento de enerxía” no marco do contrato entre o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e unha empresa do sector da enerxía.

Titulación requirida

Grao, licenciatura, enxeñaría ou mestrado relacionado coas matemáticas, a física, a enxeñaría ou a informática.

Méritos valorables

  • Grao de afinidade das titulacións das persoas candidatas cos ámbitos da aatemática aplicada e industrial
  • Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, e na implementación e validación no ordenador de algoritmos e métodos numéricos propios destas disciplinas
  • Coñecementos de inglés
  • Programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python etc.)

Condicións do contrato

  • Retribución bruta mensual: entre 1650 € e 1810 € en 12 pagas, en función dos méritos e da experiencia da candidatura
  • Data prevista de inicio: incorporación inmediata
  • Data prevista de fin de obra: 30 de abril de 2021
  • Xornada laboral: a tempo completa
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 8 de maio de 2020

Máis información aquí.