Oferta de Emprego a media xornada no ITMATI para o proxecto “Digital Transmission System Operator”

UVigo - Emprego 04/03/2020

Ofértase 1 contrato a media xornada como investigador/a para o proxecto “Digital Transmission System Operator”, no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da enerxía.

Onde e cando?

  • No Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), Campus Vida, Santiago de Compostela
  • Incorporación en marzo e data estimada de fin de obra prevista para o 31 de decembro de 2020 (con posibilidade de ampliarse ata o 31 de decembro de 2021)

Dotación

  • A retribución bruta mensual é un total de 1124,75 € repartidos en 12 pagas

Requisitos 

  • Indispensable ter un doutorado relacionado coas Matemáticas, a Física, a Enxeñaría e a Informática

Méritos

  • Valorarase ter un grao de afinidade das titulacións das candidaturas cos ámbitos da Matemática Industrial (Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa ou similar)
  • Valorarase ter experiencia no desenvolvemento de software científico, particularmente, software de simulación e optimización matemática no ámbito enerxético. Desenvolvemento de código, documentación, soporte e formación de usuarios
  • Valoraranse coñecementos e experiencia previa na paralelización de código relativo a algoritmos de simulación e optimización matemática
  • Valoraranse coñecementos de inglés
  • Valoraranse coñecementos en programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python etc.)

Información e solicitudes

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 9 de marzo de 2020 as 23:59 horas. A referencia da oferta é ITMATI-OT-04/2020.
Máis información aquí.