Oferta de emprego temporal do CITMAga para desenvolver e validar modelos de optimización no ámbito enerxético

Solicitudes ata o 6 de decembro

UVigo - Emprego 30/11/2022

Referencia da oferta

CITMAga-OT-26/2022

Descrición do posto

1 contrato como investigador/a colaborador/a.

Traballo que se realizará

Consolidación de ferramentas de desenvolvemento e validación de modelos de optimización no ámbito enerxético.

Funcións

Tarefas de documentación, elaboración de código, validación de modelos de optimización matemática e emisión de informes.

Perfís das candidaturas

Grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalentes. 

Valoración de méritos e requisitos

  • Valorarase mestrado de especialización con contidos en modelización/optimización matemática.
  • Coñecemento e experiencia en modelización de problemas optimización matemática. Coñecemento e experiencia en linguaxes de modelización como AMPL, GAMS, JUMP, Pyomo... 
  • Coñecemento e experiencia en contornas «cloud», bases de datos, software de control de versións ... 
  • Experiencia específica en modelización de problemas de optimización matemática a través de Python e Pyomo (15 puntos).
  • Experiencia específica en proxectos no ámbito da optimización matemática en eficiencia enerxética (15 puntos).

Características do posto

  • Retribución bruta mensual: 803,125 € en 14 pagas. 
  • Tipo de contrato: contrato por circunstancias da produción.
  • Categoría laboral: investigador/a colaborador/a. 
  • Duración: 3 meses.
  • Xornada laboral: a tempo parcial (17.5 horas semanais).
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 6 de decembro de 2022.

Máis información aquí.