Oferta de Emprego a xornada completa no ITMATI para o proxecto “Digital Transmission System Operator”

UVigo - Emprego 04/03/2020

Ofértanse 2 contratos a templo completo como investigador/a para o proxecto “Digital Transmission System Operator”, no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da enerxía.

Onde e cando?

  • No Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), Campus Vida, Santiago de Compostela
  • A incorporación terá lugar en marzo e a data estimada de fin de obra está prevista para o 31 de decembro de 2020 (con posibilidade de ampliarse ata o 31 de decembro de 2021)

Dotación

  • A retribución bruta mensual é un total de 1.750,00 € repartidos en 12 pagas

Requisitos 

  • Indispensable ter un grao, licenciatura, enxeñaría, mestrado ou doutorado relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñaría ou a Informática

Méritos

  • Valorarase o grao de afinidade das titulacións das candidaturas cos ámbitos da Matemática Industrial (Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa ou similar)
  • Valoraranse coñecementos e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, implementación e validación en ordenador de algoritmos e métodos numéricos, técnicas de programación matemática, modelización matemática e optimización de redes enerxéticas, particularmente de redes de transporte de gas e redes eléctricas
  • Valoranse coñecementos de inglés
  • Valoraranse coñecementos e experiencia en programación matemática con APIs de solvers lineais (Gurobi, Google OR-Tools), linguaxes de modelado alxébrico (AMPL, Pyomo), programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Pytho, etc)

Información e solicitudes

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 9 de marzo de 2020 as 23:59 horas. A referencia da oferta é ITMATI-OT-03/2020.
Máis información aquí.