Oposicións para a Xunta de Galicia
4 de marzo de 2019
A Xunta de Galicia convoca un proceso selectivo para as seguintes prazas:
- 19 prazas do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial.
- 4 prazas da escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, do corpo facultativo de grao medio da Administración especial.
- 21 prazas do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada.
- 10 prazas da escala superior de saúde laboral, subgrupo A1, do corpo facultativo superior de Administración especial.
Prazo
Ata o 2 de abril de 2019.
Solicitudes aquí.
Máis información no DOG do 4 de marzo de 2019.