Prácticas no Banco Europeo de Investimentos

UVigo - Emprego 16/11/2020

O Banco Europeo de Investimentos ofrece bolsas de formación práctica para estudantes de último curso a desenvolver en áreas de finanzas, dereito, auditoría, economía, enxeñaría e secretaría xeral

Características

A duración das bolsas é de ata 6 meses, que comezarían entre marzo e abril de 2021 se a actual situación da Covid-19 o permite.


Requisitos

  • Posuír a nacionalidade dun estado membro da UE
  • Ser estudante de grao de último curso
  • Ter entre 18 e 25 anos.
  • Excelente coñecemento do idioma inglés escrito e falado

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: o período de inscricións estará aberto ata o 26 de novembro de 2020
Máis información das bolsas e inscrición aquí.