Prácticas de comunicación en Plastic Omnium

UVigo - Emprego 23/09/2020

Plaxtic Omnium Equipamentos Exteriores, a través da páxina Talentoteca da FUE, ofrece unha bolsa de prácticas dirixida, entre outras titulacións, ás persoas graduadas en Recursos Humanos e Relacións Laborais ou en Publicidade e Relacións Públicas.

Condicións das prácticas

  • Centro das prácticas: Redondela (Pontevedra)
  • Bolsa de axuda de 800 € mensuais
  • 8 horas diarias en xornada completa
  • Imprescindible: nivel C1 de inglés

Obxectivos da formación

  • Aprendizaxe na elaboración, na coordinación e no seguimento das campañas de comunicación interna
  • Colaboración na animación e na coordinación das campañas de RSC no ámbito de España
  • Participación no plan de formación anual, na memoria e no seguimento
  • Participación na petición, na coordinación e no seguimento de diferentes formacións
  • Colaboración e seguimento na selección de bolseiros/as
  • Aprendizaxe na realización e no seguimento de pedidos
  • Informes periódicos

Información e solicitudes

Máis información e inscrición aquí.