Prácticas de enxeñaría eléctrica na empresa Siemens en Santiago de Compostela

UVigo - Emprego 23/02/2022

Proxecto

Siemens S.A. ofrece unha bolsa de prácticas dentro do programa START da Fundación Universidade-Empresa (FUE)

Perfís requeridos

Alumnado do Grao en Enxeñaría Eléctrica. 

Valoración de requisitos e méritos

É necesario posuír nivel B2 de inglés.

Obxectivos da formación

  • Axudar no soporte ao negocio de instalacións de media e baixa tensión.
  • Aprender a elaboración de análise técnico-económico de instalación de media e baixa Tensión.
  • Axudar na utilización de ferramentas de configuración de cadros eléctricos e solución de media tensión.
  • Axudar na tradución de necesidades de distintos tipos de instalación a solucións de mercado.
  • Recibir e atender consultas da clientela interna e externa.

Información e solicitudes

Xornada laboral: 5 horas diarias en xornada de mañá
Retribución bruta mensual: 550 € 
Centro de prácticas: Santiago de Compostela

Máis información na seguinte ligazón