Prácticas formativas no Banco Central Europeo

UVigo - Emprego 22/09/2022

O Banco Central Europeo ofrece a oportunidade de pór en práctica os coñecementos adquiridos durante os estudos ao tempo que se adquire coñecemento sobre o que implica traballar en Europa.

Características das ofertas

  • Contía: 1070 €/mes más dieta de aloxamento.
  • Duración: entre 6 e 12 meses. 
  • Localidade: Frankfurt , Alemaña

Requisitos comúns das ofertas

  • Posuír titulación universitaria relacionada coas finanzas, economía, contabilidade, estatística, informática ou disciplina afín.
  • Bo coñecemento do paquete MS Office.
  • Dominio avanzado (C1) do idioma inglés e dominio intermedio (B1) de ao menos outra lingua oficial da UE.

Prácticas en operacións de mercado

Requisitos

  • Titulación universitaria relacionada coñecemento das estruturas do mercado financeiro, a evolución do mercado financeiro ou as operación de mercado.
  • Experiencia nalgunha das seguintes linguaxes de programación e aplicacións:  SQL, VBA, R, Python, Java, MATLAB, Stata, Tableau, Power BI, Bloomberg, KNIME e Refinitiv Eikon.
  • Experiencia de traballo con datos complexos (preparación de análises e visualización de datos.

Máis información aquí.

Prácticas en Estatística e Ciencia de Datos

Valoración de coñecementos

  • Coñecementos sobre estatísticas económicas, datos sobre mercados e instrumentos financeiros, normas internacionais de estatística, normas de contabilidade empresarial, normas de supervisión bancaria ou financeira.
  • Familiaridade coa xestión de datos e metadatos e/ou con ferramentas de ciencia da datos e aprendizaxe automático utilizadas na xestión, análise, modelado e visualización de grandes conxuntos de datos.
  • Familiaridade cun paquete de software estatístico ou matemático como Python, R ou SQK e/ou bases de datos relacionais (DB2 ou Oracle). 
  • Coñecementos de linguaxes de programación.

Máis información aquí.