Prácticas no Instituto Europeo para a Igualdade de Xénero

UVigo - Emprego 04/06/2020

O Instituto Europeo para a Igualdade de Xénero (EIGE) é un organismo autónomo da Unión Europea cuxo obxectivo é contribuír e fortalecer a promoción da igualdade de xénero, incluída a incorporación da perspectiva de xénero en todas as políticas da UE e as políticas nacionais resultantes, loitar contra a discriminación baseada no sexo, así como sensibilizar a cidadanía da UE sobre a igualdade de xénero.

Descrición

  • As prácticas terán unha duración de ata seis meses
  • As persoas beneficiarias recibirán unha contía mensual de 880 € e un subsidio de viaxe
  • As prácticas realizaranse en diferentes unidades do EIGE, con sede nas instalacións do Instituto en Vilna enLituania

Requisitos

  • Nacionalidade dun Estado membro da UE
  • Titulación de grao en áreas como administración de empresas, finanzas, dereito, xestión de recursos humanos ou equivalentes
  • Requírese dominio do inglés (o idioma de traballo do Instituto)

Inscrición e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 15 de xuño de 2020 ás 13:00 horas.

As especificacións de prácticas e os formularios de solicitude pódense obter aquí.