Prácticas de Laboratorio - Bolsas de verán en Estados Unidos

UVigo - Emprego 30/11/2020

A Fundación Barrié e o Departamento de Microbioloxía e Inmunoloxía do Louisiana State University Health Sciences Center, en Shreveport, convocan a primeira edición do Summer Undergraduate Research Fellowship Program, un programa internacional de prácticas de laboratorio durante os meses de verán para estudantado galego de titulacións universitarias en ámbitos de ciencias da vida.

Características 

  • O obxectivo da convocatoria é achegar a investigación biomédica a estudantado universitario galego de segundo e terceiro curso para que poidan adquirir experiencia nun laboratorio competitivo e orientar a súa carreira profesional.
  • As persoas seleccionadas realizarán prácticas remuneradas de laboratorio no Louisiana State University Health Sciences Center, en Shreveport, Estados Unidos, durante 9 semanas, entre o 28 de xuño e o 27 de agosto de 2021. Durante a estancia, terán a oportunidade de participar en seminarios, journal clubs e outras experiencias científicas para ampliar o seu coñecemento sobre microbioloxía e inmunoloxía.

Información en solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 25 de xaneiro de 2021.
Máis información aquí