Prácticas como programador/a en Nunegal Consulting S.L.U.
Nunegal Consulting S.L.U., consultaría tecnolóxica, ofrece unha bolsa de prácticas, dentro do programa START da FUE, dirixida a estudantes do grao ou do mestrado en Enxeñaría Informática ou en Tecnoloxías de Telecomunicación.
Condicións das prácticas:
- Número de prazas: 1
- Data de incorporación: outubro de 2021
- Bolsa de axuda: 500 € brutos mensuais
- Xornada: 5 horas diarias en xornada de mañá
- Localidade das prácticas: A Coruña
Durante a túa estadía en prácticas aprenderás a utilizar e familiarizaraste coas seguintes ferramentas, apoiada sempre polo seu equipo:
- Ferramentas GIT, C#, SQL e .NET escritorio
- Integracións fiscais con servizos web
- Soporte nivel 3
Máis información e inscrición aquí.