Prazas para persoal laboral investigador doutor

UVigo - Emprego 23/04/2019

O Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades convoca 44 prazas para tarefas de investigación.

Obxecto

Realización de tarefas de investigación en proxectos específicos que determine o organismo que formalice o contrato ou a dirección de equipos humanos, centros de investigación, instalación e programas científicos e tecnolóxicos singulares de gran relevancia no ámbito do coñecemento de que se trate, no marco das funcións e obxectivos da entidade empregadora.

Descrición

Convócase un proceso selectivo para cubrir 44 prazas para a contratación como investigador/a doutor/a, na modalidade de investigador/a distinguido/a. A distribución por perfís de cada unha das 44 prazas convocadas pode consultarse na convocatoria.

Proceso selectivo

Realizarase mediante o sistema de concurso, coas fases, valoracións e puntuacións que se especifican no Anexo I da convocatoria.

Prazo

Ata o 9 de maio de 2019.

Máis información no BOE 8 de abril 2019.