Prazas para persoas colaboradoras bolseiras nos Centros Residenciais Docentes

UVigo - Emprego 22/06/2020

A Consellería de Educación convoca 30 prazas de persoas colaboradoras bolseiras para o curso 2020/2021, nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo:

  • CRD da Coruña: 18 prazas
  • CRD de Ourense: 6 prazas
  • CRD de Vigo: 6 prazas

Requisitos

  • Dezaoito anos cumpridos ou acadar esta idade dentro do ano natural 2020
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia
  • A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2020/21
  • A distancia entre o centro universitario onde curse os estudos e o centro residencial docente, así como os medios de comunicación existentes, deberán garantir a dispoñibilidade no horario en que teñan que realizar o devandito labor de apoio

Inscrición e solicitudes

As bolsas solicitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento ED308A.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 7 de agosto de 2020.

Máis información aquí.