Premios Talento Mozo Galicia 2021

UVigo - Emprego 08/04/2021

A Consellería de Política Social convoca os premios Talento Mozo Galicia para o recoñecemento de traxectorias excelentes e proxectos impulsados e postos en marcha por mozos e mozas galegos.

Cos premios Talento Mozo Galicia tratarase de recoñecer e visibilizar o talento e as capacidades da xuventude galega, nas modalidades de ciencia, rural, deporte, empresa e cultura e creación.

Poderán optar aos premios Talento Mozo as persoas mozas que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ter entre 18 e 35 anos na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
  • Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
  • Contar cunha traxectoria relevante na modalidade do premio a que concorra. Os méritos que motivan a candidatura deben estar referidos a circunstancias acreditadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.

Premios

  • Outorgarase un premio de 5000 € en cada unha das modalidades.
  • As persoas premiadas recibirán, ademais da dotación económica do premio, unha distinción honorífica e un diploma acreditativo.

Información e solicitudes

As solicitudes deberán presentarse por vía electrónica a través do formulario BS327A dispoñible en https://sede.xunta.gal

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2021.

Máis información.