Proceso selectivo de ITMATI para un contrato como investigador/a júnior para o proxecto Digital Transmission System Operator

UVigo - Emprego 05/10/2020

Referencia da oferta

ITMATI-OT-09/2020

Proxecto

Digital Transmission System Operator

Descrición do posto 

1 contrato a xornada completa como investigador/a junior para un proxecto de investigación no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da enerxía.

Requisitos

  • Titulación de grao, licenciatura, enxeñaría ou mestrado relacionada coas matemáticas, a física, a enxeñaría ou a informática
  • As persoas candidatas non deben ter experiencia laboral previa no grupo de cotización 01 para o que se convoca a praza

Méritos para valorar

  • Grao de afinidade da titulación da persoa candidata cos ámbitos da matemática industrial (matemática aplicada, estatística e investigación operativa, informática ou afíns)
  • Coñecementos de inglés 
  • Coñecemento e experiencia previa no desenvolvemento de software científico de simulación e optimización matemática no ámbito industrial, no desenvolvemento de algoritmos matemáticos, implementación do código, documentación, soporte e formación de persoas usuarias. 
  • Coñecemento e experiencia previa no uso de técnicas de Machine Learning. Utilización de paquetes específicos de Machine Learning en Python (TensorFlow, Keras, Pytorch, Sklearn, … ).
  • Desenvolvemento de interfaces web interactivas empregando JavaScript. Valorarase o coñecemento do framework React. 
  • Desenvolvemento de informes web interactivos empregando o paquete Dash de Python. Valorarase a experiencia co framework Django. 

Características do contrato

  • Retribución bruta mensual: 1.584,00 € en 12 pagas
  • Contrato por obra e servizo, a xornada completa
  • Data prevista de inicio: incorporación inmediata
  • Data prevista de fin de obra: 19 de febreiro de 2021, coa posibilidade de estenderse un ano máis no caso de que a dispoñibilidade da actividade o permita
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 13 de outubro de 2020.

Máis información aquí.