Proceso selectivo do ITMATI para un contrato como investigador/a para o proxecto "Axuda ao deseño dun intercambiador auga de mar/auga desionizada"

UVigo - Emprego 06/10/2020

Referencia da oferta

ITMATI-OT-10/2020

Proxecto

Axuda ao deseño dun intercambiador auga de mar/auga desionizada”.

Descrición do posto

1 contrato a xornada parcial como investigador/a para o proxecto de investigación “axuda ao deseño dun intercambiador auga de mar/auga desionizada”, no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector naval.

Requisitos

  • Titulación de grao, licenciatura, enxeñaría ou mestrado relacionada coas matemáticas, a física, a enxeñaría ou a informática

Méritos para valorar

  • Grao de afinidade da titulación da persoa candidata cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial
  • Coñecementos de inglés
  • Coñecemento e experiencia previa en contratos e proxectos en modelización, simulación numérica e uso de paquetes de software no ámbito da mecánica de sólidos
  • Métodos numéricos para a resolución de ecuacións en derivadas parciais
  • Modelización matemática do comportamento de estruturas
  • Manexo de paquetes de software no ámbito da mecánica de sólidos (Patran, Nastran, Marc, ANSYS, COMSOL, ...)
  • Programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Phyton, ...)

Características do contrato

  • Retribución bruta mensual: 984,64 € - 1.230,80 € en 12 pagas, en función dos méritos e da experiencia da persoa seleccionada
  • Data prevista de inicio: incorporación inmediata
  • Duración e data estimada de fin de obra: o 25 de xaneiro de 2021
  • Xornada laboral parcial: 25 horas semanais
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 14 de outubro de 2020.

Máis información aquí.