Proceso selectivo en ITMATI para un contrato de investigador/a no proxecto “Deseño de metodoloxías para a implantación de tecnoloxías facilitadoras no sector pesqueiro”

UVigo - Emprego 15/01/2021

Referencia da oferta: ITMATI-OT-01/2021

Descrición do posto

Un contrato por obra e servizo a xornada parcial como investigador/a para o proxecto de investigación “Deseño de metodoloxías para a implantación de tecnoloxías facilitadoras no sector pesqueiro” no marco do contrato entre o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e unha empresa do sector pesqueiro.

Titulación requirida

Grao, licenciatura, enxeñaría ou mestrado relacionado coas matemáticas, coa física, coa enxeñaría ou coa informática.

Méritos para valorar

  • Grao de afinidade da formación e da titulación co ámbito da planificación estratéxica, da organización empresarial ou das tecnoloxías.
  • Coñecementos de inglés.
  • Imprescindible experiencia en proxectos de consultoría estratéxica e tecnolóxica e experiencia investigadora en ámbitos de estratexia empresarial, da cadea de subministro e da tecnoloxía.

Condicións da oferta

  • Retribución mensual bruta de 923,10 € en 12 pagas.
  • Incorporación inmediata.
  • Data estimada de fin de obra: 30 de xullo de 2021.
  • Xornada laboral: 18,75 horas semanais.
  • Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, rúa Conde de Torrecedeira, Vigo.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 24 de xaneiro de 2021.

Máis información aquí.