Proceso selectivo do ITMATI para un contrato como investigador/a para o proxecto Predictive Cognitive Maintenance Decision Support System – PreCoM

UVigo - Emprego 13/10/2020

Referencia da oferta

ITMATI-OT-12-2020

Descrición do posto

1 contrato como investigador/a para o proxecto de investigación PreCoM, concedido na convocatoria H2020-FOF-2017 coa temática FOF-09-2017 - Novel design and predictive maintenance technologies for increased operating life of production systems.

Titulación requirida

Grao, licenciatura ou mestrado relacionado coas matemáticas, coa estatística ou con outras titulacións afíns, con coñecementos avanzados en metodoloxía e en computación estatística, especificamente nas temáticas do proxecto: series temporais e análise de fiabilidade.

Méritos para valorar

  • Artigos científicos publicados en revistas da área de estatística
  • Experiencia previa en análise e programación de algoritmos estatísticos e/ou matemáticos
  • Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de linguaxes de programación, especialmente en R
  • Coñecementos avanzados de inglé
  • Coñecementos e experiencia previa en computación estatística relacionada con series temporais e a súa aplicación na industria
  • Coñecementos e experiencia previa en metodoloxía e aplicacións para a análise de fiabilidade de sistemas
  • Experiencia previa en proxectos europeos

Característica do contrato

  • Retribución bruta mensual: 1.846,20 € en 12 pagas
  • Data prevista de inicio: novembro de 2020
  • Duración e data estimada de fin de obra: 28 de febreiro de 2021
  • Xornada laboral:  a tempo completo
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 16 de outubro de 2020

Máis información aquí.