Proceso selectivo de ITMATI para un contrato como investigador/a no proxecto «Simulación numérica do proceso de electro-recalcado libre para a optimización da forxa en quente de palieres de automoción»

UVigo - Emprego 19/11/2020

Referencia da oferta: ITMATI-OT-13/2020.

Descrición do posto

Un contrato a xornada completa como investigador/a para o proxecto de investigación Simulación numérica do proceso de electro-recalcado libre para a optimización da forxa en quente de palieres de automoción no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da automoción.

Titulación requirida

Grao, licenciatura, enxeñaría ou mestrado relacionado coas matemáticas, a física, a enxeñaría ou a informática.

Méritos a valorar

  • Grao de afinidade das titulacións da persoa candidata cos ámbitos da Matemática Industrial (Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa, Informática ou similares).
  • Coñecementos de modelos matemáticos en electromagnetismo, transferencia de calor e mecánica de sólidos.
  • Coñecementos e experiencia no manexo de linguaxes de programación como Python, Matlab, Fortran, etc. 
  • Coñecementos de inglés.
  • Experiencia no uso de paquetes de simulación numérica de problemas electromagnéticos, térmicos e estruturais. 
  • Coñecementos e experiencia en simulación numérica relacionada coa temática do proxecto mediante a utilización de paquetes de software comercial, libre e/ou propio.
  • Coñecemento e experiencia en simulación numérica relacionada coa temática do proxecto mediante a utilización de paquetes de software comercial, libre e/ou propio.
  • Coñecementos e experiencia na programación de problemas de ecuacións derivadas parciais en Python-FEniCS. 
  • Coñecementos e experiencia no desenvolvemento de interfaces gráficas de usuario.
  • Experiencia na realización de test académicos e industriais que permitan validar as ferramentas de simulación utilizadas.

Características do contrato

  • Retribución bruta mensual: 1810 € en doce pagas
  • Data prevista de inicio: o 4 de xaneiro de 2021
  • Data estimada de fin de obra: 30 de xuño de 2022, coa posibilidade de prolongarse máis meses se a dispoñibilidade da actividade o permite
  • Xornada laboral a tempo completo
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de decembro de 2020.
Máis información aquí.