Proceso selectivo do ITMATI para un contrato como investigador/a para o proxecto SisAl Pilot

UVigo - Emprego 07/10/2020

Proxecto

Piloto innovador para a produción de silicio con baixo impacto ambiental utilizando materias primas secundarias de aluminio e silicio – SisAl Pilot

Referencia da oferta 

ITMATI-OT-11-2020.¡

Descrición do posto

1 contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do proxecto SisAl Pilot. 

Requisitos

Doutoramento relacionado coas matemáticas, a física, a enxeñaría e a informática

Méritos para valorar

  • Grao de afinidade cos ámbitos da matemática aplicada e industrial
  • Coñecementos de inglés
  • Coñecemento e experiencia previa en modelización, en simulación numérica e en optimización, e na implementación e na validación en ordenador de algoritmos e métodos numéricos
  • Coñecemento e experiencia previa na modelización matemática e na simulación numérica relacionada coa temática do proxecto
  • Métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias (EDOs) e en derivadas parciais
  • Coñecemento de modelos matemáticos en electromagnetismo, transferencia de calor, mecánica de fluídos e reaccións químicas
  • Programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Matlab, Python etc.)
  • Experiencia no uso de software de simulación numérica
  • Experiencia profesional previa relacionada coa temática do proxecto

Características do contrato

  • Retribución bruta mensual: 2296,58 € en 12 pagas
  • Data prevista de inicio: antes do 04/01/2021
  • Duración do contrato por obra ou servizo: 12 meses dende o inicio da contratación, prorrogable por 24 meses máis, sempre que a dispoñibilidade da actividade o permita
  • Xornada laboral: a tempo completo
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 31 de outubro de 2020.

Máis información aquí.