Proceso selectivo de persoal laboral fixo na Axencia para a Administración Dixital da Comunidade de Madrid

UVigo - Emprego 16/11/2020

A Axencia para a Administración Dixital da Comunidade de Madrid realiza a convocatoria dun proceso selectivo de 20 prazas de persoal laboral fixo. 

Características e condicións das bolsas

Os contratos que se pretenden realizar serán para as seguintes funcións profesionais: analista de aplicacións, técnico/a de sistemas, consultor/a de xestión, consultor/a de sistemas de información, enxeñeiro/a de desenvolvemento e enxeñeiro/a de sistemas

Requisitos e selección

  • A convocatoria vai dirixida a persoas que estean en posesión dunha titulación universitaria en: Informática, Física, Telecomunicación ou Industrial.
  • O sistema selectivo será o de concurso-oposición e conformarase por unha valoración dos méritos das candidaturas (avaliación curricular), cun exercicio oral e unha entrevista persoal.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: 30 días hábiles dende a súa publicación no BOCM (16/11/2020).
Máis información aquí.