Proceso selectivo de Xefe/a da División de Innovación Tecnolóxica e das Telecomunicacións no CIXTEC

UVigo - Emprego 04/06/2020

O Centro Informático para a  Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) convoca un proceso selectivo para a cobertura do posto de Xefe/a de División de Innovación Tecnolóxica e das Telecomunicacións. O vínculo da persoa seleccionada formalizarase mediante contrato laboral de alta dirección.

Descrición

As funcións a desenvolver serán as de dirección e coordinación das diferentes Áreas de Análise dos sistemas de información e interoperabilidade da Área de Sistema e Comunicacións, así como dos departamentos de Arquitecturas Tecnolóxicas, do departamento de Explotación e implantación e Atención a Usuarios e do departamento de Infraestruturas Físicas e Sala.

Requisitos

  • Nacionalidade dun Estado membro da UE
  • Titulación superior universitaria de licenciatura ou enxeñeiro/a en materias relacionadas coas Tecnoloxías da Información e das Comunicacións

Inscrición e solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 23 de xuño de 2020.

Máis información aquí.