Programa de asistencia á investigación da OSCE 

UVigo - Emprego 17/09/2020

A Organización para a Seguridade e Cooperación en Europa convoca bolsas para investigacións de antecedentes sobre temas relevantes para as actividades da Asemblea Parlamentaria da OSCE: tarefas administrativas, redacción de informes, documentos, discursos, declaracións, actas de reunións etc. 

A duración destas bolsas será de 6 meses.

Requisitos

  • Non ter máis de 28 anos
  • Cidadán ou cidadá dun dos estados participantes da OSCE ou dun país socio
  • Título de mestrado en ciencias políticas, relacións internacionais, dereito ou campos relacionados
  • Idiomas: imprescindible excelente inglés falado e escrito e coñecemento doutro dos idiomas oficiais da OSCE (ruso, alemán, francés, italiano ou español)
  • Excelentes habilidades de redacción
  • Valorarase a familiaridade con cuestións relacionadas coas eleccións, os dereitos humanos, o control de armas, a migración, a loita contra o terrorismo, o cambio climático ou as finanzas
  • Valorarase tamén a experiencia previa de traballo nunha organización internacional ou nun parlamento

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 1 de outubro de 2020

Máis información aquí.