Programa de bolsas de prácticas Fundación ONCE-CRUE 2019/2020

UVigo - Emprego 15/10/2019

Programa de prácticas remuneradas dirixido ao estudantado universitario con discapacidade co obxectivo de promover a realización de prácticas académicas externas coa que desenvolverán unha experiencia laboral antes de rematar os seus estudos.

Descrición da bolsa

  • A duración mínima da bolsa é de tres meses consecutivos ampliables a seis meses á instancia da empresa de acollida.
  • 25 horas semanais. 
  • A contía da bolsa é de 600 € ao mes.
  • As bolsas desenvolveranse entre o 1 decembro de 2019 e outubro de 2020.

Requisitos

  • Estar matriculado/a en estudos de grao ou máster.
  • Ter unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%
  • Ter superado máis do 50 % dos créditos de grao e/ou máster do correspondente título universitario para, conforme o criterio da propia universidade ou centro adscrito á mesma, se poida acceder á realización de prácticas externas.
  • Priorizarase o alumnado de último curso.
  • Non ter relación contractual de tipo laboral, de prestación de servizos ou asimilable con empresa, institución ou entidade algunha no momento de desenvolvemento das prácticas.

Información e solicitudes

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 31 de outubro de 2019.

Máis información aquí.