Programa Fundación ICO- Bolsas China 2020/2021

UVigo - Emprego 03/12/2019

A Fundación ICO convoca, en réxime de concorrencia competitiva, ata 25 axudas de 10 meses de duración para o estudo e aprendizaxe do idioma chino mandarín nunha universidade de Pekín. 

As universidades nas que se poderá gozar das axudas son as seguintes: Peking University, University of International Business and Economics ou Beijing Normal University.

Requisitos

  • Nacionalidade española ou residencia legal en España.
  • Idade: entre 22 e 39 anos.
  • Persoas graduadas, licenciadas ou cunha enxeñaría superior nalgunha universidade española ou persoas diplomadas, arquitectas ou cunha enxeñaría técnica nalgunha universidade española e que ademais, acrediten un máster oficial impartido no Espazo Europeo de Educación Superior. 
  • Ter un mínimo coñecemento acreditado do idioma chino mandarín.
  • Ter un mínimo acreditado de B2 de inglés.
  • Contar cun mínimo dun ano de experiencia profesional acreditada.

Dotación

  • Ata 1600 euros, coma axuda de traslado desde España. Seguro médico de cobertura internacional. Aportación de 4600 euros para gastos persoais.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 17 de decembro de 2019.

Máis información aquí.